PEDRAS CON HISTORIA.
BIFACES E OUTROS ÚTILES DO PALEOLÍTICO.
Descrición: Reproducións das primeiras ferramentas de pedra fabricadas polos primeiros habitantes de Galicia.(*)
Tamaño:Variable- Tamaño medio Alto/ancho/fondo (18x10x6 cm) aprox.
Tipo de pedra: pelouros do río Miño (cuarcita).
Modelos: Aínda que os bifaces son os máis recoñecibles, tamén podo reproducir outros tipos de ferramentas coma fendedores, picos, raedeiras, puntas de frecha, follas de coitelo, etc,...
MACHADOS DE PEDRA PULIDA E OUTROS ÚTILES DO NEOLÍTICO.
![]() |
Machado de pedra pulida e puntas de frecha. |
Descrición: Reproducións de ferramentas de pedra correspondentes ao Neolítico.
Tamaño:Variable.
Tipo de pedra: pelouros do río Miño (cantos rolados de cuarcita).
Modelos:
machados, aixolas, puntas de frecha, cinceis, etc,...
GRAVADOS RUPESTRES (PETRÓGLIFOS).
Reprodución de petróglifo e calco do mesmo (tamaño 90X60 cm) |
Descrición: Reproducións do arte rupestre galaico (petróglifos) correspondentes ao Neolítico e Calcolítico.
Tamaño:Variable.
Tipo de pedra: laxes de granito.
Modelos: tódolos motivos presentes nas estacións rupestres de Galicia: Labirintos, círculos concentricos, antropomorfos, combinacións, armas, escenas de caza, etc,...
REPRODUCIÓNS DA ESCULTURA, SIMBOLOXÍA E UTILES DE PEDRA DA "GALLAECIA" GALAICO-ROMANA.
GUERREIRO GALAICO
Modelo 1 (espada no cinto). |
![]() | |||
Modelo 2 (espada sobre o peito).SEDENTE DE XINZO DE LIMIA.
|
MUÍÑO XIRATORIO.
Descrición: Muiño xiratorio. Foi introducido en Galiza durante a Idade do Ferro, probablemente antes da chegada dos romanos.
Tamaño: Alto/ancho/fondo (25X35X35 cm)
Tipo de pedra: Granito silvestre de Vilachán.
Outros: madeira de carballo para eixe e manetas.
Neno usando o muíño na Festa do Esquecemento (Xinzo de Limia, 2012). |
Nenos da asociación "Trebas Galaicas" (Arde Lucus) probando o novo muíño xiratorio. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario