Neste escaparate non veredes obras de
cantería na construción nin escultura monumental. Atoparás pezas de artesanía
en pedra que están ao alcance de tódolos públicos e pretenden chegar a todo o
mundo dende este “fin da terra”.
¿POR QUÉ PEDRE-GAL?
Pedra de Galicia porque este é o país
da pedra, cunha unha inmensa variedade de granitos, lousas e outras clases de
pedra.
Pedra de Galicia porque os deseños
son xenuinamente galegos ou reproducións arqueolóxicas de tódalas épocas da
nosa historia.
Pedra de Galicia porque as pezas
están elaboradas por un obradoiro artesán galego (nº 778) no que o canteiro
Marcos Escudero procura adaptar aos novos tempos un dos oficios tradicionais
máis representativos desta terra.