jueves, 25 de abril de 2013

BENVIDOS A PEDRE-GAL, ARTESANÍA EN PEDRA



Neste escaparate non veredes obras de cantería na construción nin escultura monumental. Atoparás pezas de artesanía en pedra que están ao alcance de tódolos públicos e pretenden chegar a todo o mundo dende este “fin da terra”.

¿POR QUÉ PEDRE-GAL?


Pedra de Galicia porque este é o país da pedra, cunha unha inmensa variedade de granitos, lousas e outras clases de pedra.

Pedra de Galicia porque os deseños son xenuinamente galegos ou reproducións arqueolóxicas de tódalas épocas da nosa historia.

Pedra de Galicia porque as pezas están elaboradas por un obradoiro artesán galego (nº 778) no que o canteiro Marcos Escudero procura adaptar aos novos tempos un dos oficios tradicionais máis representativos desta terra.